HomesociedadeFotoxénica-Mente V no Centro de Saúde de Chantada

Fotoxénica-Mente V no Centro de Saúde de Chantada

O Centro de Saúde de Chantada acolle durante o verán a Exposición Fotoxénica-Mente V que promove Albores Saúde Mental. A exposición contará coas 10 mellores imaxes do último certame, que retratan distintos aspectos relacionados coa resiliencia durante a pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na última mosta de Fotoxénica-Mente destaca “Como tú” da monfortina María del Pilar Chaos Rodríguez (1ºpremio). O 2º e 3º premio foron para “Soga e Vida” de Juan Rodríguez Bas e “Espiñas para acadar os pétalos” de Óscar Santos Vázquez, respectivamente.

Ademáis das fotografías, cóntase con textos informativos sobre distintos aspectos da saúde mental, coa finalidade de achegar á sociedade máis información sobre esta dimensión descoidada da saúde e desbotar mitos e estereotipos.

Albores

No ano 1999 fundouse Albores coa intención de dar cobertura ás necesidades das persoas con enfermidade mental e ás súas familias. Despois de 20 anos de experiencia, Albores Saúde Mental é a asociación de referencia da zona sur de Lugo na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na mellora da súa calidade de vida, a das súas familias e a da comunidade.

A Asociación realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no eido da saúde mental. Así, no ano 2001 púxose en marcha un Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) en Monforte de Lemos que foi seguido pola apertura dun piso protexido con 4 prazas, e para ampliar a cobertura das necesidades deste colectivo e tendo en conta a gran ruralidade e dispersión xeográfica da zona Sur de Lugo abriuse en 2010 un novo CRPL en Chantada. Na actualidade cóntase tamén cun Servizo de Axuda no Fogar especializado en saúde mental, servizo de comedor/xantar a domicilio, programa de respiro, programa de ocio de fins de semana, programa de inclusión sociolaboral, volutariado, roupeiro etc.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...