HomeDeportesO Alcalde despide ós 75 atletas monfortinos que participan nos Xogos do...

O Alcalde despide ós 75 atletas monfortinos que participan nos Xogos do Eixo en Maia

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e o Técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, despediu este luns, 4 de xullo, dende as Casitas, á representación monfortina que participará nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en Maia (Portugal) entre o 4 e o 8 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde animou ós deportistas ós que desexou “sorte e ánimo nas súas competicións, para que acaden os maiores éxitos para Monforte, pero sobre todo que disfruten desta experiencia, e que non sufran lesións”. José Tomé tamén desprazarase ata Maia para participar na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, e para asistir á inauguración dos Xogos, pola tarde.

Os Xogos do Eixo Atlático que chegan á XIV edición organízanse cunha periodicidade bianual, e diríxense fundamentalmente á promoción do deporte e á convivencia entre mozos dos Concellos e Camaras Municipais que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Trátase dun evento transfronteirizo, único en Europa, que se realiza dende o ano 1995 e que contará nesta décimo cuarta edición cunha participación de máis de 2.000 atletas.

Un total de 75 persoas forman parte da representación monfortina e participarán en 5 modalidades deportivas, fútbol sete masculino, voleibol femenino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.

Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para a selección de voleibol, o C.P. Calasancio e o C.F. Monforte o fan para a selección de fútbol sete y o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.

En canto á organización da competición, esta terá lugar entre o martes 5 e o venres 8 de xullo. As modalidades individuais de atletismo e natación celebraranse o martes 5 de xullo, e as modalidades de voleibol, fútbol e baloncesto celebrarán a fase de grupos entre o martes 5 e o xoves 7 pola mañá, e os cruces e fases finais entre o xoves 7 pola tarde e o venres 8. A ceremonia de apertura dos xogos terá lugar o luns 4 a partir das 15:45 (hora local) e consistirá nun desfile de todas as delegacións participantes que finalizará na praza do municipio.

Na última reunión do Grupo Temático de Deportes celebrada o pasado 23 de xuño, tivo lugar o sorteo de grupos de cada unha das modalidades deportivas de equipos. Así na modalidade de voleibol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo A, xunto coas seleccións de Vila Nova de Famalicao, Viana do Castelo, Pontevedra e Gondomar. Na modalidade de fútbol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo C xunto con Vila Nova de Gaia, Peso da Régua, Ponteareas e Maia. Na modalidade de baloncesto o Concello de Monforte competirá no grupo C contra Maia, Braga, Pontevedra e Vila Real.

ÚLTIMAS

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...