HomeCulturaLos Secretos en Monforte o 15 de xullo

Los Secretos en Monforte o 15 de xullo

A actuación inclúese no marco dos concertos do Xacobeo da Xunta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia traerá a Monforte de Lemos o vindeiro venres, 15 de xullo, ao grupo madrileño Los Secretos, que están de xira cun formato en acústico no que repasan as súas cancións máis emblemáticas así como as novas obras do seu último disco.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou esta actuación, que será gratuíta e terá lugar na explanada da Compañía a partir das 22.30 horas.

Arias lembrou que a Xunta ten programados máis de 100 eventos musicais diferentes para todos os públicos en medio cento de localidades galegas ata o mes de novembro. Poden consultarse na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.   

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...