HomeCulturaRevolta Rural en Paradela para apoiar o emprendemento

Revolta Rural en Paradela para apoiar o emprendemento

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Madalena, participou este martes, 12 de xullo, na inauguración da incubadora de emprendemento Revolta Rural, que tivo lugar no Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA), en Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita, impulsada polos GDR Montes e Vales Orientais xunto a Terras de Miranda e Seitura de Ferrol, puxo en común ideas e propostas que permitan a emprendedores e emprendedoras impulsar o rural con proxectos xa existentes ou novas iniciativas.

O proxecto Revolta Rural “é un bo exemplo do que sempre dicimos na Deputación de Lugo. Non existe unha Galicia baleira, senón chea de ideas que só precisan o respaldo das institucións para facerse realidade”, asegurou o Deputado, quen incidiu en que dende a institución provincial “reivindicamos políticas de servizos públicos, tanto de sanidade como de educación ou benestar, que axuden a fixar poboación no rural, pero tamén apostamos por respaldar iniciativas relacionadas coa cultura e coa promoción do coñecemento. Iniciativas que falan do rural dende o rural, que buscan aportación innovadoras dende o coñecemento real”.

Precisamente iso, lembrou, foi o que fixo a Deputación cando o impulsor do MUVICLA, Marcos Vázquez, “nos presentou a súa idea. Un proxecto de coñecemento deseñado por unha persoa do rural, que coñece o día a día dunha explotación en marcha e que pensa que o futuro do agro tamén pasa por poñer en valor o seu pasado”.

No acto tamén participaron o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o secretario do GDR – Montes e Vales Orientais e rexedor de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda.

Revolta rural

A incubadora de emprendemento Revolta Rural é un proxecto impulsado por tres GDR de Galicia co apoio de CaixaBank, que busca a captación de talento rural no que 30 proxectos e 40 emprendedores xa están desenvolvendo o seu itinerario empresarial. Esta iniciativa tamén se está replicando en Huesca e Burgos para a posta en marcha dunha gran comunidade de empresas do rural.

ÚLTIMAS

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por presunto acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...