HomesociedadeRemata en Monforte o obradoiro de emprego “Arquivo Dixital-TIC’s”

Remata en Monforte o obradoiro de emprego “Arquivo Dixital-TIC’s”

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou ós 20 alumnos e alumnas que participan no Obradoiro de Emprego Arquivo Dixital-TIC, que se celebrou dende o mes de outubro de 2021 nas instalacións da Escola Taller da Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita, o Alcalde estivo acompañado polo director do obradoiro, pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada. O obradoiro, que contou cun orzamento próximo ó medio millón de euros, estivo promovido polo Concello de Monforte e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e a propia administración municipal.  

O rexedor municipal apuntou que “con este obradoiro de emprego creamos 24 postos de traballo durante 9 meses, pois o grupo estivo formado por 20 alumnos e alumnas, 2 docentes, un director e unha administrativa”.

Os alumnos recibiron formación teórica-práctica na especialidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade nesta especialidade. O seu obxectivo foi dixitalizar, informatizar e automatizar o patrimonio documental de carácter histórico do Concello de Monforte de Lemos, fomentando e dando a coñecer o arquivo histórico deste Concello, mediante a aplicación das TIC`s e impulsando a administración electrónica.

Dixitalizaron todos os libros cedidos ó Concello por Jose Luís Montero, coleccionista e investigador monfortino, cumprindo así a vontade daquel cando cedeu a súa colección e o compromiso adquirido polo Concello de levar a cabo dita dixitalización no transcurso deste obradoiro.

Ademais da dixitalización das obras cedidas por Montero, os alumnos tamén levaron a cabo traballos relacionados coa xestión documental do Arquivo Municipal, así como outra documentación local, fotográfica e bibliográfica sobre temas referidos á cultura e á historia monfortinas. As tarefas desenvoltas incluíron a captura dos documentos orixinais e a súa edición e implementación de metadatos coa finalidade de cargar estes arquivos no repositorio documental do Concello de Monforte de Lemos.

José Tomé recordou ademais que “dende  Concello convocamos hai uns días unha liña axudas de 1.500 euros co obxecto de incentivar a contratación por parte de empresas de alumnos e alumnas deste módulo, e o prazo para solicitar ditas axudas remata o vindeiro 18 de xullo. Deste xeito, dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral deste alumnos”.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...