HomePolítica"Graves deficiencias no colexio de Quiroga por falta de mantemento do concello",...

“Graves deficiencias no colexio de Quiroga por falta de mantemento do concello”, aseguran os socialistas

O Voceiro Socialista de Quiroga, Vicente Parra, denuncia as "graves deficiencias" que presenta o CEIP de Quiroga pola falta de mantemento do Concello. Aseguran que representantes da Asociación de Pais e Nais e de toda a comunidade educativa lles trasladaron as queixas sobre o estado, o acondicionamento e o mantemento do colexio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PSOE advirten de que o Goberno local do Partido Popular “non fai ningún dos arranxos precisos (persianas estragadas, vidros rotos, luces fundidas, entre outros) para o bo funcionamento do centro educativo, onde os nenos e nenas reciben educación, poñendo en risco incluso a súa integridade física”.

Os socialistas din que o Alcalde e o seu equipo de goberno “están ignorando tódolos requirimentos enviados pola directora deste centro, para que o Concello cumpra coas súas obrigas de mantemento destas instalacións”.

Dende o PSdeG lembran ademais que a directora do CEIP formou parte da Corporación municipal de Quiroga, exercendo como tenente de Alcalde ata finais de 2020, data na que presentou a súa dimisión. “Por iso, esperamos que esta actitude por parte do Alcalde do PP non sexa unha vendetta de ataques persoais cara unha traballadora pública”, asegura o voceiro socialista.

“Solicitamos á Consellería de Educación, ao Delegado da Xunta e á Xefatura Territorial de Educación que poñan cordura neste tema tan sensible e conviden ao Alcalde a exercer as súas funcións, deixando a un lado os seus totalitarismos para que impere o sentido común, polo ben de todos”, afirma Vicente Parra.

“son vostedes moi cansinos”

O voceiro do PSdeG lembra que, ante o rogo que presentou no último Pleno no que instaba ao Goberno local a cumprir coa Lei nas súas obrigas sobre o mantemento do CEIP, o Alcalde  respondeu: “son vostedes moi cansinos”. Esta é a seriedade do Alcalde de Quiroga, rirse das queixas e das peticións das nais e pais do noso municipio”.

O socialista lembra que o rexedor tamén exerce como representante dos Consellos Escolares de tódolos concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia, polo que está dando “un exemplo nefasto e unha mostra de hipocrisía porque nin sequera cumpre coas súas propias obrigas no concello”, insisten.

Vicente Parra critica tamén as respostas que o Alcalde deu á cidadanía sobre esta anómala situación. Diante das reiteradas queixas da dirección, do consello escolar e da ANPA do colexio, a resposta rexedor foi cambiando ao longo do tempo, “xa que incluso tentou cambiar a titularidade do centro, algo que lle foi denegado pola Conselleira. Despois alegou que non tiña orzamento, e por último, a máis insultante, que non tiña acceso ás chaves do centro. Todo un cúmulo de despropósitos e desatinos. E sen esquecer que os máis prexudicados son os nenos e nenas do CEIP de Quiroga”, replican.

“Esperamos que o novo curso escolar poida desenvolverse con total normalidade, xa que as alumnas e alumnos do noso colexio non teñen por que padecer a incompetencia do Alcalde e do seu Goberno. Queremos un centro educativo digno e operativo, no que poidan impartirse os novos cursos con tódalas garantías educativas e medidas de seguridade. O Alcalde debe cambiar a súa actitude e poñerse a traballar polo futuro do noso Concello”, din.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...