HomesociedadePechada ao tránsito de persoas a ponte de madeira do Malecón por...

Pechada ao tránsito de persoas a ponte de madeira do Malecón por obras de mellora

Tal e como anunciara a principios do mes de xuño o Alcalde, José Tomé Roca, o Concello acomete a reparación desta Ponte debido ó estado actual de conservación na que é necesario actuar nalgunhas zonas deterioradas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ponte que foi construída en madeira laminada e colocada no ano 1.999, fai case 23 anos. A súa lonxitude total é de 36 metros e posúe un dobre arco lateral con taboleiro central. Cada un dos arcos laterais está formado, á súa vez, por outros dous unidos transversalmente.

Así, o rexedor monfortino indicou que, “dado o tempo transcorrido dende a súa construción e vista as necesidades de mantemento que presenta, decidimos actuar para mellorar esta Ponte, co dobre obxectivo de evitar que se siga deteriorando a madeira e de garantir a seguridade das persoas que pola Ponte transitan todos os días”.

As obras consistirán en:

  • Comprobación e reparación dos elementos de unión das vigas, para subsanar o estado de oxidación dos elementos metálicos.
  • Limpeza, lixado e lasurado de todas as pezas de madeira da Ponte.
  • Reparación de grietas existentes nalgunhas pezas, coa aplicación de resina epoxi.

Para esta actuación de mellora da Ponte do Malecón, o Concello destinou un orzamento de 48.387,90 euros.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...