HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno recuperar a produción cerealista no...

O BNG de Monforte leva a pleno recuperar a produción cerealista no Val de Lemos

Segundo o concelleiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez: “O Val de Lemos debería ter un peso fundamental na provincia de Lugo a respecto da produción cerealística".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG en Monforte de Lemos rexistrou unha moción para o vindeiro pleno, onde reclama que a Xunta de Galiza elabore un Plan de Recuperación de zonas con gran aptitude cerealista, a fin de recuperar a soberanía alimentaria.

Segundo o INE, a superficie agraria útil en Galicia descende cada ano, “Do 2013 ao 2016, Galicia perdeu 34.000 hectáreas, máis dun 5% da súa superficie agraria total. A comunidade acumula nese período a metade da superficie agrícola útil que se perdeu no conxunto de España, curiosamente na lexislatura do rural, apodada polo ex-presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo”, sinalan desde o BNG.

Para os nacionalistas a Consellería ten abandonado o regadío Val de Lemos, “O plan de regadío do Val de Lemos, decalarado no ano 1966 cunha superficie inicial de 5.500 ha, foi un dos grandes fracasos da política agraria do franquismo en Galicia. As obras de construción dos canais de regadío nos anos 60 e 70 contaron con múltiples carencias (falta de concentración parcelaria, de estudos de mercado, ou de obras de nivelación do terreo).
Deste xeito, o que estaba proxectado como a maior zona de regadío agrícola de Galicia (preto de 5.000 hectáreas do val de Lemos) finalmente quedou en pouco máis de 2.000 hectáreas ás que realmente chega a auga a través da rede de acequias. En apenas 600 hectáreas utilízase realmente o regadío, estando abandonadas a maioría das terras agrícolas.”

Aseguran desde o BNG que actualmente existe unha elevada demanda por parte dos gandeiros e sociedades de superficie para cultivo de forraxe dos concellos incluídos no regadío do val de Lemos, “aspectos como as infraestruturas obsoletas, en parte sen rematar, e a ausencia dun proceso de concentración parcelaria fan inviable a súa explotación”.

Na moción nacionalista piden:

  • Instar á Consellería de Medio Rural a que elabore un Plan de Recuperación de zonas con gran aptitude cerealista, na que o val de Lemos teña un peso fundamental.
  • Pedir á Consellería de Medio Rural que inicie os procesos de concentración parcelaria urxentes nas zonas propostas na zona de delimitación do Val de Lemos e finalice aqueles que se atopan inconclusos.
  • Solicitar á Consellería de Medio Rural que leve a termo as conclusións do proxecto piloto de “Mobilización de Terras no Val de Lemos” (Bóveda).
  • Instar á Confederación Hidrográfica para que solucione o problema recorrente das taxas pola auga de regadío coa Confederación Miño-
    Sil.
  • Instar á Xunta de Galicia para que revise e actualice a delimitación
    dos perímetros urbanos da zona do Val de Lemos.
  • Pedir á Consellería de Medio Rural a creación dunha comisión no
    Parlamento de Galicia cos distintos actores implicados para activar a
    posta en valor do Val de Lemos, onde se tomen como base os
    distintos traballos realizados feitos ao longo destes anos como base
    de partida para a toma de decisións técnicas

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...