HomesociedadeAsemblea da Federación de asociacións da Ribeira Sacra o 30 de xullo...

Asemblea da Federación de asociacións da Ribeira Sacra o 30 de xullo en Sober

A Federación de asociacións da Ribeira Sacra celebra este sábado, 30 de xullo, na Casa da Cultura de Sober ás 11 horas a vindeira asemblea, que estará de novo aberta a todas as asociacións, entidades cívicas e persoas que desexen participar no espírito de sumar forzas e esforzos para mellorarmos o noso territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a orde do día, na asemblea procederase a escoller a Xunta Directiva segundo as candidaturas presentadas, a determinar as mesas de traballo coas que comezar unha liña de actuacións dirixidas ás diferentes áreas polas que vai traballar esta Federación, tales como o Patrimonio e a Lingua, o Territorio, a Participación Cidadá, o Benestar e Igualdade e o Rural Vivo.

Concretaranse as posibles actividades a programar cara o vindeiro 2022-2023, así como a futura participación da Federación nos organismos competentes vinculados coa Ribeira Sacra, entre outros aspectos organizativos.

Posteriormente, haberá un xantar e un roteiro cultural con visita ao miradoiro Pena da Virxe e ao castro e visita á igrexa de Pinol. 

Na actualidade a Federación agrupa a preto de 50 agrupacións e teñen o propósito e desexo de engadir a todos/as cantos/as queiran formar parte para activar o tecido asociativo como parte viva e activa da Ribeira Sacra no seu conxunto desde un sentido integrador no territorio.


ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...