HomeCulturaI Encontro de Palilleiras o 3 de setembro en Monforte

I Encontro de Palilleiras o 3 de setembro en Monforte

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, a presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer esta pirmeira gran xuntanza de palilleiras do sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra” celebrarase na cidade do Cabe o sábado 3 de setembro na Explanada da Compañía. A actividade preparouse para celebrar no 2020, pero pola incidencia da pandemia pospúxose ata agora. O seu obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, tal e como explicou Sesé Vila, “porque en moitos dos encontros ós que acudíamos, moitas palilleiras non dicían que tiñan moitas ganas dunha xuntanza en Monforte e na Ribeira Sacra”. Neste senso, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra. Estímase que no encontro de Monforte poidan participar arredor de 450 palilleiras de asociacións provintes de toda Galicia, León e Asturias.

Programa de actividades

Para este Encontro, o Concello instalará diversas carpas na Explanada da Compañía, para que as participantes e as asociacións de palilleiras desenvolvan comodamente a súa arte de palillar e poidan amosar os seus traballos ó público asistente. Outra zona de carpas destinarase a comerciantes provintes de toda Galicia que venderán exclusivamente produtos para palillar. O programa do día 3 de setembro será o seguinte:

  • 10:30 h.- Recepción das palilleiras
  • 12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras
  • 12:00 a 14:00 h.- Palillada
  • 14:00 h.- Xantar
  • 16:30 h.- Palillada e sorteo de agasallos
  • 19:00 h.- Despedida

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...