HomeCulturaTíteres con Mircromina no Círculo Saviñao

Títeres con Mircromina no Círculo Saviñao

A representación formaba parte do Círcuito de Teatro Profesional que organiza a área de cultura dependente da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mircromina Títeres representou para nenos e adultos a obra “Vacacións no
mar”, teatro de luva e silueta, ó tradicional estilo da cachiporra.

A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho
chegou a porto no seu veleiro “Ovos fritos con patacas”, pero nun descoido o pirata Ollo Virollo tomou prestada a súa nave para botarse ao mar. Tras esta trepidante trama de acción… cumprirá finalmente Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

Coa dirección de Zoila Gulín e Ton Arenas, ao remate, o titiriteiro Ton Arenas explicoulles ós nenos asistentes como se moven os bonecos e os trucos que utiliza detrás do escenario.

Mircromina Títeres / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...