HomeCulturaNarración oral, teatro, coloquios e música para pechar o ‘Ultreia et Suseia’

Narración oral, teatro, coloquios e música para pechar o ‘Ultreia et Suseia’

Do 9 ao 13 de agosto haberá unha chea de actividades arredor da narración oral, o cinema, a divulgación sobre o Camiño de Santiago e a música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado ano nacía o “NarraSarria”, unha actividade na que a narración oral era a protagonista e chegaba á vila en diferentes localizacións e con distintos narradores e narradoras orais de coñecida traxectoria. Este ano, por circunstancias organizativas e deseño de novos proxectos culturais, esta disciplina artística enmarcouse no ‘Ultreia et Suseia’ do que xa temos falado neste medio de comunicación.

Pois ben, esta semana hai varias citas coa narración oral a partir deste mesmo martes 9 de agosto. A partires das 21:00 h. no local da Sociedad La Unión, Ángeles Goás achega un espectáculo que leva por título “O medo é libre”.

Seguindo a semana, o mércores 10 ás 21:00 h., e no mesmo lugar, será a quenda da contadora María da Pontraga. O xoves, e cambiando de escenario, neste caso no Parque do Chanto, terá lugar ás 20:00 h. o espectáculo Pablísimo, “o paroleiro”.

CINEMA

O xoves 11 ás 21:15 h. na Sociedade da Unión proxectarase a película Dorothé na Vila, un documental sobre a figura da musicóloga suiza Dorothé Schubarth, que chegou a Galicia a finais dos 70 na busca de cancións tradicionais desaparecidas. Desta investigación sairon 300 horas de gravacións que forman o denominado “Cancioneiro Popular Galego”.

VENRES 12 E SÁBADO 13

O venres 12 de agosto intervirá ás 20:00 h. a narradora Ana Carrieira e levará ao Parque do Chanto o seu espectáculo “Na punta da lingua”. E non moi lonxe de alí, no auditorio Meigas e Trasgos o gran Carlos Blanco ofrecerá un monólogo ás 21:30 h. Neste último caso, só para xente que teña pagada a correspondente entrada.

A terraza de ‘O Meigallo’ na actuación de Carlos Blanco (xullo 2020)

CAMINOGRAFÍAS

Esta actividade, que terá lugar o 13 de agosto, poñerá o punto e final ao “Ultreia et Suseia”. Trátase dun encontro que, baixo o título “30 anos no camiño” participarán os relatores Manuel Vázquez Portomeñe, Luis Celeiro, Silvia Mondelo e José María Díaz.

Tamén haberá un paseo teatralizado pola vila con César No, Ernesto Is, Nerea Brey, Javier G. Lojo e Mr Brandán & CO.

Este din de festa inclúe tamén actuacións musicais cos vigueses Caldo, formación que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos, e pinchada de Jorginho DJ e JLG.

ÚLTIMAS

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do...

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...