HomeMedio ambiente e Patrimonio50.000 euros para mellorar 3 miradoiros en Sober

50.000 euros para mellorar 3 miradoiros en Sober

 O concello de Sober está mellorando a accessibilidade e acondicionando os miradoiros de Pena do Castelo e Souto Chao, en Doade, e Os Chelos, en Amandi.

Publicado o

- Advertisement -

Estas actuacións de  mellora dos miradoiros teñen como obxecto homoxeneizar todos os miradoiros de Sober, utilizando materiais e estructuras que se adapten ao entorno. No caso de Pena do Castelo as obras xa están rematadas e consistiron na colocación de dous novos cenadores, un balcón protector fronte á capela de San Mauro e un banco no cumio do miradoiro.

En Souto Chao e Os Chelos as obras, aínda por executar, consistirán na remodelación completa dámbolos dous miradoiros. Desde o concello de Sober faise unha aposta por consolidar estas infraestruturas e dotalas de novos ornatos e complementos para seguir impulsando a ruta dos miradoiros do concello de Sober na ribeira do Sil, un dos principais recursos naturais deste concello cruzado polo canón do Sil.

soutochao / Concello de Sober
oschelos / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...