HomeCulturaEste día 3, 400 participantes no I Encontro de Palilleiras de Monforte

Este día 3, 400 participantes no I Encontro de Palilleiras de Monforte

O Concello de Monforte acolle este sábado, 3 de setembro, unha completa xornada adicada á arte de palillar, baixo o nome de “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”. Terá lugar no Pavillón polideportivo dos Escolapios, con entrada polo campo de terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Inicialmente, estaba previsto que o encontro tivera lugar na Explanada da Compañía, pero diferentes circuntancias fixeron trasladar a ubicación a un lugar próximo e a dirección do Colexio dos Escolapios autorizou a celebración neste espazo.

Polo tanto, o que será a primeira gran xuntanza de palilleiras do sur da provincia de Lugo, terá lugar no Pavillón polideportivo dos Escolapios, con entrada polo campo de terra e será inaugurada polo Alcalde, José Tomé Roca, ás 12:00 h. A continuación, terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte.

Ademais dos postos destinados ás máis de 400 palilleiras que acudirán a este encontro, tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por 9 tendas especializadas.

Este I Encontro de Palilleiras en Monforte é posible gracias ó traballo conxunto desenvolto polo Concello monfortino e pola Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. Neste proxecto, traballouse dende o ano 2020, ano no que estaba ultimada a sía celebración que finalmente non foi posible celebrar pola incidencia da pandemia que obrigou a postpoñelo ata esta ano 2022.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, pola alta demanda de moitas palilleiras que pedían celebrar un encontro en Monforte. Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia.

Dende o Concello agárdase que o encontro vai ser un éxito de participación y de público, e que ademais vai xerar un importante impacto económico na cidade.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Marín, Valga, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Ourense, Oleiros, Burela, Sarria, Silleda, Redondela, Porto do Son, Salvaterra de Miño, Lugo, Ponteareas, Vigo, Tui, Abegondo, Mos, Camariñas, Vimianzo, Viveiro, Burela, Xove, Valdoviño así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de Castela e León e de Asturias.

Programa de actividades

Para este Encontro, o Concello instalará diversos postos ubicados dentro do Pavillón polideportivo dos Escolapios, para que as participantes e as asociacións de palilleiras desenvolvan comodamente a súa arte de palillar e poidan amosar os seus traballos ó público asistente.

Tamén se ubicará outra zona comercial destinada a comerciantes provintes de toda Galicia que venderán exclusivamente produtos para palillar, e que soen estar presentes en todo este tipo de encontros. Este espazo estará conformado por un total de 9 tendas.

  • 10:30 h.- Recepción das palilleiras
  • 11.30-13.30 h.- Obradoiro de Costura Creativa
  • 12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do Sr. Alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte.
  • 12:00 a 14:00 h.- Palillada
  • 14:00 h.- Xantar
  • 16:30 h.- Palillada e sorteo de agasallos
  • 17.00-19.00 h.- Obradoiro de Costura Creativa
  • 19:00 h.- Despedida

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...