HomeCulturaMaxia na Vila Monforte con Lore Lavand o 7 de setembro

Maxia na Vila Monforte con Lore Lavand o 7 de setembro

Este mércores 7 de setembro, Monforte acolle un espectáculo de maxia enmarcado no ciclo “Galicia Ilusiona”, que é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir das 21:00 horas, a praza de España acollerá unha Gala de Maxia coa actuación da maga Lore Lavand, para todos os públicos e con entrada gratuíta.

Lore Lavand é unha artista arxentina que mestura a maxia, o humor e o teatro. Unha ilusionista capaz de achegarse ao público para xerar unhas experiencias máxicas totalmente inesquecibles.

Se as condicións metereolóxicas impiden celebrar o espectáculo na praza de España, este realizarase no salón de actos da Casa da Cultura.

Esta actividade está organizada polo Concello de Monforte, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021-22.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...