HomesociedadeO escritor Xabier Quiroga Díaz pregoa a I Festa da Vendima do...

O escritor Xabier Quiroga Díaz pregoa a I Festa da Vendima do Saviñao

A 1ª Edición da Festa da Vendima chega ao Saviñao os días 17 e 18 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita contará cun amplo programa de actividades que xiran en torno ás labores típicas da vendima, o viño e a gastronomía. A súa celebración terá lugar no entorno natural da Devesa, no corazón de Escairón. O evento está dirixido a todas as idades, pois tamén será posible presenciar actividades de artesanía e oficios centenarios como o de cesteiro.

O encargado do pregón será o escritor e profesor, Xabier Quiroga Díaz, natural de Escairón e referente da literatura lucense cunha ampla obra que consta de nove libros. Licendiado en filoloxía galega e profesor de instituto en Lalín, é un referente da literatura lucense. Na maioría das súas obras fai referencia claras ao Saviñao.

A súa primeira creación foi Atuado na Braña, finalista do Premio Xerais 2001, seguido de Era por Setembro, Se buscaba un deus e O Cabo do mundo, libros que fan alusión á guerra civil e ao franquismo. Este último foi Premio da Crítica de narrativa gallega, ao igual que Zapatilla rotas, o seu seguinte libro. Nos últimos anos publicou Izan o da saca, La casa del nazi, O cabo do mundo e O baile dos estorniños

Faceta futbolística

Ademais da literatura, ten un pasado vinculado ao mundo do fútbol. Foi xogador do Atlético Escairón, o Calasancio, o Lemos, o Flavia e o Sporting de Xixón onde mantén boas lembranzas tanto dos clubes como dos xogadores e membros dos equipos.

Sen embargo, foi de adestrador do Atlético Escairón cando máis éxito tivo. En tres tempadas conseguiu establecer unha metodoloxía nos adestramentos a un equipo que contaba con xogadores intelixentes e con moita dedicación, e que ao final obtivo bos resultados como o ascenso a división Preferente. Ao final, máis que ter éxito no club, Quiroga destacou por dar unha identidade futbolística tanto ao Atlético Escairón como ao propio municipio.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...