HomesociedadeCoñece a túa provincia volve á Ribeira Sacra

Coñece a túa provincia volve á Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo retoma este martes a segunda edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Santa Comba de Órrea (Riotorto) viaxa á Ribeira Sacra, comezaron o percorrido nunha adega de Amandi, visitaron un miradoiro para contemplar o Canón do Sil e navegaron polo río nun dos catamaráns da Deputación de Lugo.

O xoves, veciños de San Cosme de Nete (Vilalba) e de Santa Cruz de Viana (Chantada) serán os protagonistas do Coñece a túa provincia con viaxes aos concellos de Sober e Monforte no primeiro caso, e Xove e Viveiro no segundo. Finalmente, o venres, o colectivo de San Pedro Fiz da Cazolga, de Lourenzá, visitará O Saviñao; e a veciñanza das Candelas, de Pantón, coñecerá Barreiros e Ribadeo.

En total son 55 as asociacións e colectivos lucenses os que contan xa coas súas reservas para viaxar polo territorio en outono, dende hoxe e ata o mes de novembro. Preto de 1.800 persoas de máis de 85 entidades sen ánimo de lucro xa se beneficiaron en primavera desta iniciativa provincial.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.  

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...