HomePolíticaSarria quere subirse ao carro da mobilidade

Sarria quere subirse ao carro da mobilidade

O goberno local solicita información e opinión aos veciños para tentar elaborar un Plan de Mobilidade e Espazo Público na vila.

Publicado o

- Advertisement -

É o concello de Sarria un lugar accesible para as persoas con mobilidade reducida? Para comprobalo, a alcaldesa Pilar López quere saber directamente a opinión dos seus veciños. Por iso, fixo público un enlace en redes sociais e na propia páxina web do Concello, co que chama á xente a colaborar para tentar elaborar un Plan de Mobilidade e Espazo Público na vila.

A enquisa, destinada tanto a veciños de Sarria como de comarcas limítrofes, ten como obxectivo coñecer a situación real da xente que sufre e/ou ten no seu entorno a persoas con mobilidade reducida. Obtendo esta información enténdese que o goberno local poderá realizar no concello as melloras de accesibilidade pertinentes.

A primeira información que se solicita na enquisa está relacionada co sexo, a idade, o lugar de residencia e coa mobilidade reducida temporal ou permanente do informante ou dalguén do seu entorno. A continuación pregúntase polo destino, frecuencia dos desprazamentos, medio de locomoción e lugar onde se adoita aparcar no centro urbano. Para rematar a enquisa pídese un pronunciamento sobre que melloras se consideran importantes para o espazo público de Sarria.

O obxectivo é coñecer mellor as dificultades da xente con mobilidade reducida para dar unha solución o máis adaptada posible ás necesidades reais.

 

 

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...