Homesociedade"Despois do Porto Seco e de Pacadar, á terceira vai a vencida",...

“Despois do Porto Seco e de Pacadar, á terceira vai a vencida”, asegura CCOO Lugo sobre o anuncio de Kern Pharma

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo espera que á terceira vaia a vencida e que a implantación no polígono do Reboredo da planta farmacéutica Kern Pharma sexa unha realidade "xa que Monforte con máis de 960 parados necesita un impulso que xere emprego de calidade na cidade", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato asegura coñecer o proxecto que conta co respaldo da Xunta e do Concello de Monforte “así como a Unión Europea para que chegue a bo porto e fágase realidade canto antes.”

A Secretaria de Acción Sindical pedirá que se nomee Fillo Predilecto de Monforte a Don Luís Díaz Varela, “estamos convencidos que con este capitán á fronte, Don Luís Díaz Varela monfortino, non vai pasar como co Porto Seco ou Pacadar polo que desde o sindicato imos esixir que se lle nomee fillo predilecto do Concello de Monforte o máis axiña posible.”

CCOO considera de vital importancia a implicación de todas as administracións para dinamizar Monforte “e saír deste longo letargo que supuxo a decadencia do sector ferroviario, o peche das cerámicas a Chacinera ou o propio sector do calzado.”

O sindicato considera que con este proxecto relanzarase o polígono do Reboredo e a comarca de Lemos, “tan necesitada de man de obra e especialmente feminina xa que hai máis de 582 mulleres en paro por 378 homes.”

CC OO considera unha gran aposta da Xunta e o Concello con esta multinacional Indukern, “a implantación de Kern Pharma en Monforte é unha lotería para toda a comarca de Lemos.”

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...