HomesociedadeCase 2.500 persoas usaron a lanzadeira praia da Cova este verán

Case 2.500 persoas usaron a lanzadeira praia da Cova este verán

Esta iniciativa, financiada con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, entrou en funcionamento o 1 de xullo e estendeuse ata o 7 de setembro, permanecendo operativo un total de 69 días ininterrompidos. Un total de 2.482 usuarios fixeron uso do servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este transporte púxose a disposición de xeito gratuíto para veciños/as e visitantes, co fin de fomentar o uso do mesmo e así evitar os habituais problemas de aparcadoiro e conxestión nas inmediacións da Praia da Cova.

O servizo, que conectaba Escairón coa Cova, contaba nun inicio con 13 frecuencias diarias, 5 viaxes de ida e 8 de volta; frecuencias que tiveron que ser ampliadas debido á demanda dos usuarios. Deste xeito, e a partir do 23 de xullo pasouse de 13 a 15 viaxes diarias que conectaban a capital do Concello do Saviñao cun dos recursos máis visitados da Ribeira do Miño.

O sistema de reserva previa habilitado polo Consorcio de Turismo foi utilizado por un 77% dos pasaxeiros da lanzadeira. A procedencia das persoas que fixeron uso do servizo foi a seguinte:

  • Galicia: 47,9 %
  • Cataluña: 11%
  • Madrid: 9,6%
  • País Vasco: 5,1%
  • Andalucía: 5%
  • Outras CCAA: 21,4 % (C. Valenciana, Canarias, Castela A Mancha, Castela e León, Estremadura, Aragón, Baleares, Navarra e Asturias)

Aínda que con porcentaxes pouco significativas, tamén houbo visitantes de Francia, Portugal e Venezuela. Os galegos que máis utilizaron a lanzadeira foron os da provincia de Lugo (65,4%), seguido da Coruña (20,8%), Ourense (9,4%) e Pontevedra (4,4%). É de destacar a boa acollida entre os veciños do Saviñao, xa que case o 50% das reservas da provincia de Lugo eran residentes no Concello. A intención do Consorcio é retomar este servizo o próximo verán e incluso mellorar a operatividade do mesmo, engadindo novas paradas intermedias.

Con iniciativas coma esta ou a lanzadeira do mosteiro de Santa Cristina, o Consorcio de Turismo, coa colaboración cos Concellos e demais organismos involucrados, pretende apostar firmemente por unha mobilidade sostible en Ribeira Sacra. Lembremos que nestes intres estase a redactar o Plan de Mobilidade Sostible en Ribeira Sacra, un documento orientado, entre outros obxectivos, á redución da presenza de vehículos persoais, favorecendo un uso do espazo público máis sostible, confortable e seguro para veciños/as e visitantes.  

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...