HomePolíticaInquedanza veciñal polas cámaras de vixilancia no centro de Monforte, aseguran desde...

Inquedanza veciñal polas cámaras de vixilancia no centro de Monforte, aseguran desde o PP

A instalación de cámaras para o control de acceso a zonas de Monforte con restrición de circulación rodada xera dúbidas e queixas cidadáns, segundo aseguran os concelleiros do Partido Popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares, que esperan que o Concello dispoña de todos os permisos necesarios para o uso deste sistema de vixilancia, constatan que entre os cidadáns hai opinións moi críticas con este modelo. No PP din que, tanto ou máis que no ámbito no que se instalaron, as cámaras son necesarias noutros puntos nos que con frecuencia se producen actos de vandalismo

A portavoz do PP, Katy Varela, considera que o alcalde, o socialista José Tomé, gasta cartos na videovixilancia do centro “cando dende o noso punto de vista, este investimento sería máis produtivo en zonas menos transitadas, como o paseo que vai a Piñeira, ou o paseo do Malecón, onde se producen actos de vandalismo que danan valos, papeleiras, farois, etcétera”. Os actos de gamberrismo esixen, di Varela, “investimentos para reparar todo o deteriorado; se estas zonas contaran con videovixilancia, evitaríase seguramente este gasto na reparación do esnaquizado”.

Os populares sinalan que “no ámbito no que se instalaron as cámaras no debería haber maior problema nin necesidade deste sistema se a Policía Local presta a este ámbito urbano a atención que merece.”

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...