HomeDeportesO Club Voleibol Ribeira Sacra estrea directiva

O Club Voleibol Ribeira Sacra estrea directiva

Nesta semana presentouse oficialmente a nova directiva do Club Voleibol Ribeira Sacra, unha vez que anterior solicitou o seu remplazo para deixar paso a novas persoas que poidan continuar coa dirección do Club.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova Directiva está encabezada por Pilar Sánchez como Presidenta, Maite Gonda como Secretaria, Yoraxi Meleán como Tesoureira, Manolo Martínez como Coordinador Deportivo e relación cos Medios de Comunicación e os demais como vogais e responsables de distintas áreas, ata un total de 12 persoas.

O novo equipo agradece o esforzo realizado pola Directiva que presidiu ata agora Yolanda Maciñeiras, “convertíndose nunha traballadora incansable en prol do Club e que seguirá colaborando co mesmo ata que sexa necesario para poñer a tempada en completo funcionamento”, sinalan.

Este ano o Club presenta varias novidades na composición e número de equipos, con un total de (12): Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil, Alevín A, Alevín B, Benxamín así como cos equipos asociados do Concello de Quiroga Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín cos que ano tras ano hai unha estreita colaboración a través da súa Concellalía de Deportes, encabezada por Andrés Arza.

O Club Voleibol Ribeira Sacra tamén traballa en catro centros educativos de Monforte nos que se impartirá o voleibol e formaranse equipos para participar tamén no Deporte Escolar. O Club continúa con 8 adestradores que se farán cargo de todos os equipos que entrarán en competición. A competición da presente tempada comenza o día 1 de Outubro coas Copas Federación e as fases de Promoción.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...