HomeCulturaO 29 de setembro Monforte retoma a programación teatral

O 29 de setembro Monforte retoma a programación teatral

Ata finais de ano representaranse 6 obras de teatro que se celebrarán no Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, 5 dirixidas a público adulto e 1 dirixida a público infantil e familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2022, tras rematar o programa do Verán Cultural.

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras, dentro da programación para público Adulto:

  • Formigas no peto, da compañía Ítaca Teatro, o xoves 29 de setembro, ás 20 horas,  dentro do circuíto Teatro Profesional, da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Será na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, con entrada gratuíta e para público adulto.
  • El caballero incierto de Producciones Come y calla, o xoves 6 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.
  • Morgana en Esmelle da compañía Sarabela Teatro, o xoves 27 de outubro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.   
  • Morte accidental dun anarquista da compañía Talía Teatro, o xoves 10 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos. 
  • 1888. A señorita Xulia da compañía Estudo Momento, o xoves 24 de novembro, 20:15 horas, Edificio Multiusos.  

O prezo das catro obras do Edificio Multiusos será de cinco euros a entrada xeral e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Programación para público Infantil e familiar:

  • Alquimia, do Mago Teto, o domingo 4 de decembro, ás 18:00 h. no Edificio Multiusos, para público infantil e familiar, e con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...