HomePolíticaAforro enerxético e menos propaganda, leva Esperta Monforte a pleno

Aforro enerxético e menos propaganda, leva Esperta Monforte a pleno

O concello de Monforte celebra este luns pleno como cada último luns de mes. Nesta ocasión Esperta Monforte presenta unha pregunta en un rogo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte preguntará no pleno de hoxe se o concello ten intención de facer un estudo de aforro enerxético e de auga no municipio, co fin de ser máis austeros no consumo.

Esperta Monforte xa ten trasladado a posibilidade de apagar a metade das luces públicas da cidade e as parroquias entre as 2 e as 7 da mañá. E aseguran que a día de hoxe detectan unha morea de anomalías que non benefician o aforro enerxético, “Temos 51 luminarias entre o paseo e o parque de Cobas encencidas entre as 20.00 e as 7.30, o mesmo sucede entre Carude e o IES da Pinguela, regamos os parques de mañá, lugares nas parroquias sen xente e as luminarias encendidas”, aseguran.

O rogo de Esperta Monforte refírese á utilización do Facebook do concello de Monforte por parte do equipo de goberno. Pídenlles que deixen de utilizar a páxina como “folla parroquial do noso amado lider”, mesturando cuestións que consideran persoais con temas do municipio. Consideran que non debe de ser así por tratarse dunha páxina de tódolos monfortinos.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...