Lembran que as traballadoras de limpeza nestes centros de ensino levan máis de ‘un ano’ sen cobrar os atrasos así como varios meses das súas nóminas, “o que supón que non poden facer fronte ás Hipotecas nin ás súas letras nin ás súas necesidades da cesta da compra”.
Pregúntanse desde CCOO como un ex sindicalista como Tomé, alcalde e deputado provincial “que cobra da Deputación e do Concello máis de 7000€ en 12 pagas deixa tiradas a traballadoras tan esenciais como unhas limpadoras de centros públicos dependentes de contratos temerarios que foron realizados polo Señor Tomé”.
Desde o sindicato consideran que se trata dun deixamento “intolerable” dunhas traballadoras que seguen realizando as súas funcións a pesar de non recibir os seus salarios como di o Estatuto dos Traballadores entre os días (1 ao 5) de cada mes “como cobra o Señor Tomé”.

