HomesociedadeA Xunta pecha a escola infantil San Vicente de Paúl tras unha...

A Xunta pecha a escola infantil San Vicente de Paúl tras unha inspección

Foi motivada pola denuncia dunha familia.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Política social decretou o peche cautelar inmediato da escola infantil San Vicente de Paúl, situada en Monforte de Lemos xestionada por unha entidade privada.

Fontes do departamento autonómico confirmaron a Europa Press a decisión, que se produciu tras a inspección que levou a cabo por mor da denuncia rexistrada pola familia dun dos menores matriculados.

A proposta de peche tras a inspección –que sempre se efectúa cando se produce unha denuncia– débese a graves deficiencias nas instalacións do centro, algunhas de tipo estrutural.

Ata agora un total de seis nenos de entre 2 e 3 anos eran usuarios do centro. As familias foron notificadas do peche, que ten un carácter inmediato e indefinido, e os nenos afectados serán recolocados nas outras dúas gardarías que funcionan en Monforte, unha municipal de xestión privada e outra privada.

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...