HomePolítica24.000 pavos serán criados no Saviñao a través das axudas da Xunta...

24.000 pavos serán criados no Saviñao a través das axudas da Xunta de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

Recentemente o LX facíase eco das queixas manifestadas pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) polo total abandono que están a sufrir por parte da Xunta de Galicia. Sen embargo, dende o goberno autonómico parece que non están dacordo coas queixas vertidas por esta parte do sector agrario e o 4 de outubro anuncian o seu investimento de 5.4 millóns de euros en pequenas explotacións, plans de melloras e programas de incorporación de mozos ó agro.

En total, a Xunta de Galicia investiu máis de 5 millóns de euros, mediante subvencións e a través da Consellería de Medio Rural, en 86 explotacións gandeiras e agrícolas do sur lucense, concretamente, na comarca de Lemos, Quiroga e Chantada.

Entre os gastos subvencionables por esta axuda de carácter anual, destacan a compra de maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construcción ou reforma de explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de terreos e adquisición e desenvolvemento de programas informáticos, ademais de apoiar de xeito económico á incorporación das novas xeracións no sector agrario.

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo, estivo no Saviñao visitando a empresa Agromuiño, que exemplifica á perfección os apoios ofrecidos polos populares ó sector primario. O delegado de Xunta salientou que esta empresa, a través dun plan de mellora, conseguiu diversificar a actividade actual do leite vacún e incorporar a produción avícola, ata o punto de que esperan producir 24.000 pavos. A estas novidades, tamén se lle suman a incorporación dun mozo menor de 30 anos para exemplificar á incorporación ó sector das novas xeracións.

Segundo Balseiro, proxectos como o do Saviñao demostran que a Xunta está no camiño correcto cando aposta por fomentar o sector primario mediante a modernización e a aposta polo relevo xeracional.

 

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...