HomeSucesosDetido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

Segundo informou o Instituto Armado nunha nota de prensa, o presunto autor ofertaba vehículos con características atractivas para a súa potencial venda (baixo quilometraxe ou recente antigüidade, entre outras), que finalmente non se correspondían co produto entregado ao comprador.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun delito continuado de estafa vinculado coa compravenda de vehículos de alta gama a través de plataformas dixitais.

Segundo informou o Instituto Armado nunha nota de prensa, o presunto autor ofertaba vehículos con características atractivas para a súa potencial venda (baixo quilometraxe ou recente antigüidade, entre outras), que finalmente non se correspondían co produto entregado ao comprador.

Nun dos casos investigados na denominada operación ‘Zyraen’, a vítima adquiriu un turismo que, aínda que si coincidía a marca e o modelo ofertado, presentaba unha quilometraxe moi superior e varios anos máis de antigüidade.

INVESTIGADO O XESTOR ADMNISTRATIVO 
Así mesmo, os axentes detectaron que o acusado incorrera na falsificación de firmas para levar a cabo transferencias de titularidade sen o consentimento dos compradores. As xestións administrativas realizábanse a través dun xestor colexiado no colexio de xestores administrativos de Madrid, que tamén foi investigado no desenvolvemento desta operación como presunto autor dun delito de falsidade documental.

Ademais, os pagos efectuados polos compradores dos vehículos eran desviados a contas bancarias a nome de terceiras persoas. Aínda que o detido non figuraba como titular das contas receptoras, tiña pleno control sobre elas, o que facilitaba o movemento e ocultación dos fondos obtidos de maneira fraudulenta. A investigación policial continúa aberta, non descartando máis implicados nesta operación. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Ante as fraudes existentes na adquisición de vehículos a través de plataformas dixitais, a Garda Civil recomenda extremar as precaucións, desconfiando de prezos que se atopan moi por baixo do valor de mercado, evitando pagos anticipados en concepto de reserva, comprobando si é posible que o vehículo existe realmente, revisando a documentación antes de asinar e verificando que coincide realmente co vehículo ofertado.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...