HomeMedio ambiente e PatrimonioO muralismo é unha prioridade no Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra?

O muralismo é unha prioridade no Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra?

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra critica a orde de prioridades nas actuacións do Pacto pola Paisaxe. Pregúntanse se nunha zona onde moitas parroquias teñen dificultades de conexión telefónica, onde non chega Internet, onde existe abandono de estradas ou falta de servizos básicos, o realmente urxente é pintar muros?

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a Federación de asociacións da Ribeira Sacra, as xornadas de muralismo feitas ao abeiro do “Pacto pola Paisaxe”, responden a unha visión totalmente deslocalizada, “levar ao rural tendencias urbanas por simple moda, coma os miradoiros. Pero esta iniciativa non responde nin aos intereses locais nin resolve os problemas inminentes”. Para a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra son proposta de “chapa e pintura” que xustifica un gasto sen repercusión directa nos habitantes da zona.

“Non hai BIC nin Patrimonio da Humanidade sen persoas”

Amosan o seu recoñecemento ás artistas e ao muralismo, pero cren que as prioridades das políticas públicas na Ribeira Sacra deben ser conservar o patrimonio, ordenar o territorio respectando os usos e formas de vida tradicionais e, sobre todo, resolver o maior problema deste territorio: a severa mingua poboacional. “Non hai BIC nin Patrimonio da Humanidade sen persoas”.

Para a Federación esta iniciativa e súa xustificación desvelan a forma de comprender a Ribeira Sacra, “un escenario turístico que toma o patrimonio como produto turístico e os habitantes como indíxenas que complementan o lenzo bucólico. Tanto é así que, tendo un mundo rural vivo e con abondosos artistas locais, participa só nas xornadas un artista da Ribeira Sacra”.

“O rural non precisa muralismo dirixido a turistas, senón posta en valor da arquitectura tradicional, conservación de espazos singulares e posta en valor de conxuntos de especial valor”, insisten, e tamén en que os habitantes poidan opinar. “Porque somos quen habitamos o territorio, que o mantén vivo durante todo o ano, pero tamén quen padece iniciativas irrelevantes como estas”, refiren.

“O rural non precisa muralismo dirixido a turistas, senón posta en valor da arquitectura tradicional, conservación de espazos singulares e posta en valor de conxuntos de especial valor”

Dende a Federación solicitan á Administración, tanto autonómica como municipal, que reflexionen sobre a oportunidade destas ideas, que consideran tan lonxe das necesidades da zona. “A Ribeira Sacra precisa dun turismo sostible, respectuoso coa entorna, coidadoso coa xente; non é un plató onde experimentar ocorrencias que teñen os días contados e que de nada serven para os habitantes,” conclúen.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...