HomesociedadeDo 13 ao 21 de outubro "Máis que cor na Ribeira Sacra"

Do 13 ao 21 de outubro “Máis que cor na Ribeira Sacra”

Achegar a arte urbana á poboación, concienciar sobre a importancia de combater o feísmo e embelecer as aldeas son obxectivos fundamentais desta actuación, coa que se continúa co proxecto "Un toque de cor na Ribeira Sacra," iniciado no ano 2015.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival de Muralismo “Máis que cor na Ribeira Sacra”, proxecto no que o Consorcio de Turismo leva traballando anos, materialízase agora grazas ao convenio de colaboración asinado o 5 de outubro de 2020 entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola Paisaxe para a Protección, Xestión e Ordenación da Paisaxe na futura Área de Especial Interese Paisaxístico 05-03 “RIBEIRA SACRA” 

Cinco muralistas de recoñecemento nacional e internacional, 8 xornadas de muralización simultánea, obradoiros infantís, unha clase maxistral, conferencias e debates e unha visita guiada por especialistas compoñen o programa do Festival de Muralismo, que arrincará o venres 13 de outubro e rematará o 21 de outubro.     

Serán artistas invitados Doa Ocampo de Sober, Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, esta veciña de Ribeira Sacra desenvolve a súa obra en sintonía coa natureza e cos elementos vexetais que rodean os espazos que muraliza. Yoseba Muruzábal de Cambre, Yoseba MP, é pintor e muralista, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, fíxose popularmente coñecido en Galicia coa súa serie “Fenómenos do rural”, onde retrata ás nosas “súperavoas galegas”. Novenoel é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picaso (A Coruña). Traballa no campo da imaxe gráfica e a pintura mural desde o ano 2009. Neste tempo, desenvolve unha liña pictórica inspirada na narrativa secuencial e a arte popular. Alba Fabre Sacristán formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde actualmente é mestra. A súa obra interésase pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica, reproducido nunha pintura habitualmente figurativa, onde a forza e a cor adoitan ser o centro de atención e Cestola na Cachola, Miguel Peralta ten un estilo marcado polo dominio do debuxo e o coidado no trazo, nas texturas e os xogos da luz e a sombra. Gústalle a narrativa visual, contar historias con imaxes. No 2011 transládase a Galicia e no 2013 crea, xunto a Xoana Almar e Raquel Doallo, a empresa Cestola S. Coop. Galega, onde traballa de pintor, ilustrador e muralista.

Programa e reserva de actividades

Do 13 ao 21 de outubro: realización simultánea das obras por parte dos artistas invitados. 

SÁBADO, 15 DE OUTUBRO

  • Clase maxistral de pintura, impartida por Alba Fabre. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Prazas máximas: 10 persoas. NECESARIA RESERVA previa en turismo@ribeirasacra.org

* A clase maxistral dirixida a persoas que pintan e teñen moito interese na pintura, que estén familiarizadas co óleo e o carboncillo. Cada participante traerá o seu propio material (indicarase o necesario coa confirmación da inscrición).

  • Obradoiro de expresión artística “Patróns e xeometría da natureza”. 
    • De 10:00 a 12:00 horas (3 a 6 anos)
    • De 12:00 a 14:00 horas (6 a 12 anos)
    • De 16:00 a 17:00 horas (6 a 12 anos)
    • De 17:00 a 18:00 horas (12 a 17 anos)

Prazas máximas por grupo: 12 persoas. NECESARIA RESERVA previa en turismo@ribeirasacra.org (ESPECIFICAR HORA/FRANXA DE IDADE)

Trátase dunha actividade lúdica-educativa de expresión artística coas técnicas creativas de copiado, selado, bordeado, collage e mixta, baseada en elementos naturais da Ribeira Sacra e na espiral da vida como patrón principal a explorar. Empregaranse materiais ecolóxicos, como pinturas comestibles, e elementos naturais da contorna (flores, follas…). O material será proporcionado pola organización. O obradoiro concluirá cunha obra colectiva que recollerá os traballos realizados polos pequenos/as. 

DOMINGO, 16 DE OUTUBRO

  • Visita guiada aos murais. De 12:00 a 13:30 horas. Prazas máximas: 20 persoas. NECESARIA RESERVA previa en turismo@ribeirasacra.org
  • Conferencia e debate “Os Murais de antes: temáticas e técnicas”, impartida por Xoana Almar. De 16:30 a 18:30 horas. Prazas máximas: 50 persoas.

Todas as actividades son GRATUITAS. Para a clase maxistral, obradoiros e visita guiada é precisa RESERVA PREVIA a través do correo electrónico turismo@ribeirasacra.org. O prazo para as reservas rematará o venres 14 de outubro, ás 18:00 horas.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...