HomesociedadeA Torre da Homenaxe en rosa contra o cancro de mama

A Torre da Homenaxe en rosa contra o cancro de mama

Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade, que é o tumor maligno máis frecuente entre a poboación feminina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte sumarase este mércores, día 19 de outubro, aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por este tipo de cancro, na noite do mércores 19 de outubro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa.

O obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, así como apoiar e mellorar a vida de todas aquelas persoas que se senten máis vulnerables fronte ó cancro.

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de rosa a Torre da Homenaxe, pois cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e en España diagnostícanse cerca de 25.000 novos cancros de mama ó ano”. É dicir, que unha de cada oito mulleres terá cáncer de mama ó longo da súa vida.

Segundo a OMS, cada 30 segundos nalgún lugar do mundo diagnostícase un cancro de mama, e segundo as estimacións unha muller morre no mundo de cancro de mama cada 53 minutos.O cancro de mama. Un cancro de mama detectado ó comezo do mesmo, diminúe un 25% a probabilidade de morte.

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama. Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento.

A campaña deste ano, #ElRosaEsMásQueUnColor, representa apoio, loita, investigación… e busca que a cidadanía se identifique co que realmente importa: as persoas con cancro de mama, coas súas necesidades, coas súas experiencias e coa súa supervivencia.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...