HomePolíticaO BNG anuncia mobilizacións se a Xunta segue co desmantelamento sanitario no...

O BNG anuncia mobilizacións se a Xunta segue co desmantelamento sanitario no sur de Lugo

“Estannos desmantelando a primaria ao tempo que cancelan máis servizos no Hospital Comarcal. Cada vez a poboación está máis avellentada, e a medida que aumentan as doenzas reducen os servizos, repercutindo ao particular un gasto que era da sanidade pública", aseguran os nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG cre que a supresión de servizos sanitarios tanto no Hospital Comarcal coma na primaria segue o patrón do recorte e a privatización. “O Sergas ten marcada unha folla de ruta na que se propón sumprimir médicos de familia nos centros de saúde como aconteceu en Pantón, e está a punto de executar no Saviñao. Agora din que non hai médicos, pero esquecen os vinte anos de política de precarización do persoal facendo contratos por días e/ou semanas e fomentando a fuxida de titulados” manteñen dende o BNG comarcal.

Desde o BNG aseguran que van desparecendo servizos, unha vella fórmula para lexitimar no tempo a política de desmantelamento sanitario, con consecuencias especialmente graves nas comarcas do sur pola situación periférica da capital de provincia e cabeza de área sanitaria, “que antes tiñamos en Monforte” lembra a responsable comarcal, RosaAna Prieto.

O BNG afirma ser contundentes diante da falta de atención crecente nos servizos sanitarios da comarca, “á ilóxica medida de vacinación no IES Río Cabe para todas as comarcas, súmase agora a falta de persoal en toda a primaria, algo planificado desde o propio Sergas que non saca a concurso prazas nos centros de saúde, como o de Pantón, e escúdanse na falta de profesionais, pero nin lle dan a estes a oportunidade de concursaren” lembra Prieto Florines que aprecia “unha diferenza substancial entre o que din e o que fan desde a consellería de Sanidade, o que ten que ter unha resposta social,” por iso máis alá das iniciativas parlamentares e de promover mocións nos concellos, anuncian concentracións, “se o Sergas non depón a política de recorte de servizos e persoal”.

“Os xestores de recursos ven cifras, as políticas dos servizos públicos teñen que ver seres humanos”, insisten dende o BNG,  e reclaman que “o Sergas ten que facer políticas públicas nas que o factor socioeconómico é determinante, xa que logo, enviar a xente a Lugo facer probas supón un aforro para a administración, pero un custo para as familias inaceptable cando falamos dun servizo público, máxime falando da saúde das persoas” sentencian.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...