HomeCulturaA exposición Auga, O sangue da terra pódese ver en Sarria en...

A exposición Auga, O sangue da terra pódese ver en Sarria en outubro

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Sarria acolle a mostra do fotógrafo monfortino, Manuel Valcarcel, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de outubro, podendo ser visitada de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 h y de 16.30 a 20.00 h.

Publicado o

- Advertisement -

A mostra Auga, O sangue da terra forma parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. A exposición que permanecerá en Sarria todo o mes de outubro, realiza un percorrido pola relación do ser humano coa agua mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares como Nova Zelanda, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor. Todas as imaxes afondan na agua como elemento vital e mostran como inflúe a súa presenza ou ausencia nas culturas, paisajxes e ecosistemas.

Las imaxes distribúense en tres bloques, «os estados da agua», con fotografías de Nova Zelanda e Galicia nas que se reflexa o paso da agua en estado sólido a líquido e, a relación entre a montaña e o mar.

«A agua e a vida» conforma o segundo bloque con imaxes de Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que forma parte da vida espiritual dos hindúes como destino sagrado de peregrinación; e Longshen Guilin, en China, onde o manexo da agua polo home, definiu a paisaxe.

«Vivindo na escaseza» inclúe imaxes de Malí e seus pescadores bozo e do deserto de Atacama, espazos nos que a escaseza crea outras paisaxes e define situacións sociais.

Entrevista con Manuel Valcarcel 

Manuel Valcárcel/Autor

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...