HomeCulturaO día 2 de decembro preséntase no Ateneo Casino o poemario, "A...

O día 2 de decembro preséntase no Ateneo Casino o poemario, “A falta dun Edén, a terra”

A Libraría da Proencia organiza, xunto con Chan da Pólvora, a presentación do poemario de Mercedes Martínez Modroño no Ateneo Casino o venres 2 de decembro ás 20.00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais da autora, Mercedes Martínez Modroño, contarase con dous músicos que acompañarán no recitado de poemas cun espectáculo musical denominado Versofonía.

Mercedes Martínez Modroño (A Coruña, 1968) vive na vertente ourensá da ribeira do Sil desde 1999. Aínda que é pedagoga de formación, nos últimos anos traballou no campo da comunicación turística, froito do cal en 2014 publica Viaxe desde os cantís á memoria. Guía libre para entender Parada de Sil. Colaborou co diario dixital Praza Pública e outros medios de opinión. Desde 2021, forma parte do dúo Versononía, onde combinan a música e a poesía. Este volume, o seu primeiro poemario, reúne algunhas desas composicións que recita ao vivo.

A falta dun Edén, a terra é un berro contra a nostalxia, contra a impostura do paraíso. É un texto apegado a unha realidade de aldea que se resiste a negarse pero tamén a converterse nunha imaxe costumista ou, o que é peor, nunha ficción turística. Mercedes Martínez Modroño crea trazos dunha natureza que se mestura co sangue e que atravesa a subxectividade. Pero, por riba de todo, foxe da fosilización nos soños da idea dun pasado mellor. Rexeita a quimera edénica e ancárnase no presente.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...