HomeDeportesO motorista monfortino Eduardo Iglesias volve ao Dakar con 15.000€ da...

O motorista monfortino Eduardo Iglesias volve ao Dakar con 15.000€ da Deputación

A institución provincial colabora por cuarto ano consecutivo co deportista de Monforte, cunha achega de preto de 15.000€, que se incrementou con respecto a pasada edición para promocionar a provincia e os 67 concellos no rally máis grande do mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves na Praza de San Marcos ao piloto monfortino de motos, Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2023.

Na presentación desta nova colaboración da Deputación co piloto, José Tomé lembrou que Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, en 2021 escalou ata o posto 53, e, este ano, rematou no posto 78. “Na edición do ano 2023 volve poñerse ante este reto que ten por diante 5.000 quilómetros repartidos en 14 etapas”.

“Dende o primeiro ano, na Deputación de Lugo decidimos apoiar a participación de Eduardo Iglesias no Dakar, e facémolo porque queremos apoiar o talento e o esforzo dos deportistas da nosa provincia en todos os niveis e facémolo tamén porque eventos de alcance internacional como o Rally Dakar supoñen un elemento de promoción do patrimonio da provincia de Lugo moi importante”, explicou o mandatario provincial. José Tomé explicou que se trata dun reto moi importante e desexoulle moito ánimo e sorte para superalo e seguir mellorando os seus resultados.

Eduardo Iglesias portará o escudo da Deputación na moto, na súa vestimenta, na furgoneta e nunha carpa que utilizará nesta competición que se desenvolverá dende o 31 de decembro ao 15 de xaneiro en Arabia Saudita.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...