Os profesores responsables da Aula de Emprendemento do IES A Pinguela entregaron o premio do concurso de Ideas creativas e de negocio ó alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Jesús Noya Beltrán polo seu proxecto Esquel.app, que tamén lle foi presentado ó alumnado da familia
profesional administrativa.
Co mesmo proxecto, Jesús recibiu o terceiro premio de Galicia do concurso Eduemprende Idea 2022 que convocan o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e a Consellería de Educación.
“Aproveitamos para felicitar a Jesús polas súa iniciativa, creatividade e capacidade de traballo, que lle permiten afondar no seu currículum académico e abrir tamén máis o seu futuro profesional,” sinalan desde o centro.