HomeDeportes20.000€ para levar Monforte e a provincia ao Dakar

20.000€ para levar Monforte e a provincia ao Dakar

Este luns pola tarde, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu ó piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, para despedilo días antes de que viaxe camiño de terras de Arabia Saudita para participar do 31 de decembro ó 15 de xaneiro nunha nova edición do rally Dakar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de presentación, que tivo lugar na praza da Casa Consistorial do Concello de Monforte, serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co dorsal número 38. O alcalde e Iglesias estiveron acompañados pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luís Losada, e por un dos membros do equipo do piloto monfortino, Jesús Veloso Cachaldora.

Catro participacións consecutivas no Dakar

Este 2023 será o cuarto ano consecutivo no que o piloto monfortino participe no rally máis famoso do mundo, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, se pode, supere o posto 53 que conseguiu na edición de 2021.”

Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súas tres participacións no Dakar: rematou cada ano o que é o rally máis duro do mundo fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020, no posto 53 en 2021, e no posto 78 en 2022.

Tomé salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación. Tanto o Concello como a Deputación de Lugo apoian economicamente a este piloto, contribuíndo a sufragar os gastos desta competición. O concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros mentres que o ente provincial faino con 15.000€.

Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos nas dúas outras participacións.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...