HomeEconomíaMedio millón de euros en axudas para servizos sociais municipais no sur...

Medio millón de euros en axudas para servizos sociais municipais no sur de Lugo

A Consellería de Política Social e Xuventude concede aos concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos, 509.300 euros en axudas para que financien os servizos sociais municipais. Estas achegas económicas fíxanse a través do Plan Concertado do ano 2022 e están dirixidas á contratación de persoal, ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e á posta en marcha de programas de inclusión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partida máis importante do Plan Concertado, 437.190 euros, destínase ao cofinanciamento de 26 traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías que forman parte do persoal dos servizos sociais comunitarios de todos os concellos da zona sur da provincia de Lugo. Este montante supón un incremento de 33.600 euros con respecto ao destinado para este fin no anterior plan e permite contratar a unha persoa máis en Bóveda e outra en Sober.

Así mesmo, o Plan Concertado serve para a apoiar ás Corporacións municipais no desenvolvemento de programas de inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social, para o que se reservan 72.135 euros.

Este importe repartiuse nun total de nove programas que se puxeron en marcha en sete concellos; as actuacións dan prioridade ás axudas de emerxencia social, a programas de educación e apoio familiar e a iniciativas destinadas a persoas sen fogar e a persoas especialmente vulnerables.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...