HomePolíticaC@urel Vivo denuncia irregularidades no padrón de habitantes do concello

C@urel Vivo denuncia irregularidades no padrón de habitantes do concello

C@urel Vivo denuncia ante a Oficina do Censo Electoral irregularidades no Padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel. Aseguran que de maneira reiterada nos últimos meses se están a producir empadroamentos irregulares no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao tratarse dun concello pequeno aseguran que é fácil comprobar que moitos destes “novos veciños non son tal, e non só non viven de maneira habitual no mesmo, senón que tampouco manteñen ningún tipo de vínculo con este territorio, o que nos fai pensar que se trata soamente de unha manobra política de cara as vindeiras eleccións municipais para as que faltan catro meses.”

C@urel Vivo asegura que cotexou máis de 30 persoas en situación irregular, algunhas empadroadas en actuais garaxes ou en casas situadas en diferentes localizacións polo Concello. “Queremos recordarlles a tódalas persoas que se están a empadroar de forma irregular, ben sexa por decisión propia ou por algún tipo de presión ou coacción; que está acción é sancionada segundo Real Decreto 1690/1986.” Lembran tamén que se vulnera o dereito da veciñanza do Courel á libre elección política, “xa que o empadroamento de xente que non fai vida no territorio desvirtúa a decisión real dos que aquí vivimos no reconto final das eleccións.”

C@urel Vivo solicita a estas persoas que se empadroen nos seus lugares de residencia e aseguran que se o INE non actúa con contundencia, barallan denunciar no Xulgado, “citando un por un, os casos que consideramos irregulares.”

ÚLTIMAS

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...