HomePolítica"Tomé é un alcalde propaganda", asegura Katy Varela tralo anuncio de Adif...

“Tomé é un alcalde propaganda”, asegura Katy Varela tralo anuncio de Adif de eliminación de pasos a nivel que non inclúen Monforte

No 2020, José Tomé, informaba dun acordo con Adif para iniciar o proceso de eliminación dos pasos a nivel do casco urbano, comezando por Rioseco e de Juan Montes, nun período de tres ou catro anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A supresión dos pasos a nivel do casco urbano de Monforte terá que esperar, despois de que Adif anunciara que, polo momento, reduciranse no término municipal de Lugo. Este anuncio leva á presidenta do PP de Monforte, Katy Varela, a criticar ao rexedor, José Tomé, “O alcalde volve a incumplir o seus compromisos sobre os pasos a nivel de Monforte. É a demostración de que é un alcalde de propaganda”.

A portavoz do PP monfortino engade que a presencia dos pasos a nivel na cidade “é un problema cidadán que vai máis alá do político e que, polo que se ve, interesa a todos os veciños menos ao alcalde”. As obras anunciadas pola administración de ferrocarrís, que nesta ocasión non se executan en Monforte, enmárcanse dentro das actuacións de mellora que se están a realizar no tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Porto Seco

Katy Varela denuncia tamén o deixamento do rexedor monfortino no que respecta ao porto seco, “no que un paso a nivel dificulta a conexión coa N-120 e ao que non se lle saca partido pola pasividade e escusas do alcalde José Tomé, que entorpece a posta en marcha desta importante infraestrutura na que a Xunta leva investido máis de 20 millóns de euros”.

A portavoz popular monfortina destaca que “dende o Goberno galego vense pedindo ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que deixe de poñer continuos obstáculos para que a Xunta avance neste proxecto e garantir unha conexión do porto seco con Ourense e a Meseta. Hai atrancos polo modo de enlace coa estrada nacional que se prevé converter en autovía e tamén porque reclama a eliminación dun paso a nivel de Adif”, explica Varela.

“A correcta xestión sería acordar con Adif a supresión do paso a nivel necesario para concluír os accesos ao porto seco e potenciar estes terreos como un auténtico polígono industrial de Monforte, sen ter que utilizar recursos que virían ben para arranxar outras necesidades da cidade”, conclúe a voveira popular.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...