HomesociedadeO Clúster da Lousa pide a volta "inmediata" da subministración eléctrica a...

O Clúster da Lousa pide a volta “inmediata” da subministración eléctrica a Quiroga

Solicitan á empresa eléctrica subministradora un maior investimento no mantemento das súas infraestruturas na zona para garantir o seu servizo

Publicado o

- Advertisement -

O Clúster da Lousa esixiu unha solución “inmediata” para poder restituír o servizo eléctrico na zona do municipio de Quiroga , que leva días sen subministración debida ao temporal, e así as compañías do sector poidan operar con normalidade.

A través dun comunicado, o Clúster sinala que non se trata dunha “incidencia puntual”, senón dun problema que se produce con frecuencia.

Por tanto, solicitan á empresa eléctrica subministradora un maior investimento no mantemento das súas infraestruturas na zona para garantir o seu servizo.

Ademais, salientan que a ausencia deste servizo impide ao sector da lousa establecido na zona poder desenvolver o seu traballo e provoca importantes perdas económicas que, aseguran, lastran a súa competitividade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...