HomesociedadePLADESAPU convoca a partidos políticos e sindicatos a traballar conxuntamente pola sanidade

PLADESAPU convoca a partidos políticos e sindicatos a traballar conxuntamente pola sanidade

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) de Monforte convida para este mércores aos representantes dos diferentes Partidos Políticos da zona e Sindicatos para manter unha reunión en busca de apoio para as diversas actividades que se programarán proximamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a Plataforma, os problemas que está a sufrir a Zona Sur non poden pasar desapercibidos para ninguén. Consideran fundamental que tanto poboación, profesionais dos centros sanitarios como sindicatos e partidos políticos remen xuntos nunha mesma dirección para esixir ao SERGAS a total cobertura de profesionais tanto da Atención Primaria como da Atención Especializada.

De cara a esta ‘causa común’ convocan a diferentes colectivos a unha reunión terá lugar o mércores 25 de xaneiro as 19:00 h. da tarde na Sala 1 da UNED, no edificio da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos.

Por outra banda, Pladesapu celebra a nova incorporación do posto de dietista-nutricionista no Centro de Saúde de Monforte, que supón un piar fundamental na prevención e promoción da saúde e conleva un incremento na calidade asistencial. Pero lamentan a falta de autonomía do servizo, “sabemos por unha testemuña que xa fixo uso deste servizo, que unicamente recibirá unha visita, dado que, segundo nos informan, o propio SERGAS priva de liberdade ao profesional para dar citas posteriores de seguimento. Isto implica o menoscabo da autonomía da figura da dietista-nutricionista, ao non poder aplicar os seus coñecementos, sobre todo no caso de pacientes crónicos e que precisan un seguimento estreito para o mantemento de hábitos saudables imprescindibles e determinantes na evolución das súas patoloxías”.

A Plataforma denuncia tamén a falta de protocolos e material para o desenvolvemento da actividade deste servizo e solicitan que se tomen medidas.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...