HomesociedadeA veciñanza da Abeleda, na Teixeira, leva dezaoito anos pedindo que se...

A veciñanza da Abeleda, na Teixeira, leva dezaoito anos pedindo que se reduza a velocidade na travesía deste núcleo

Este núcleo da provincia de Ourense, próximo ao embarcadoiro do catamarán, conta con gran afluencia de vehículos. Os veciños rexistraron no concello, este verán, un escrito con 112 sinaturas pedindo as medidas que tecnicamente se consideren oportunas, para solucionar esta situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á demanda veciñal, os responsables municipais contestaron o pasado día 9 de xaneiro que están estudando as posibles solucións, “nun escrito no que no que se alude a conversas coa Consellería de Infraestruturas e mobilidade, das que non se aporta ningún outro dato tras seis meses da petición”, sinala Mercedes Martínez, presidenta da Asociación Silamouras, quen asegura tamén que, “Nas aldeas temos dereito a travesías seguras e amables, igual que nas cidades. En todo o concello da Teixeira non hai ningunha medida para calmar o tráfico. En lugares como Abeleda ou Boazo é perigoso pasear, especialmente para as persoas maiores e os nenos. Non queremos agardar a ver como detrás da pelota ven a freada e a traxedia.”

Despois de 18 anos con esta demanda reclámanse solucións, “A promoción da Ribeira Sacra ten que ter en conta o benestar da xente que vivimos aquí.” En agosto de 2004 solicitárase a instalación de bandas sonoras á Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda, que informou dos problemas de ruídos das ditas bandas, sen chegar a denegar a solicitude. Pero segue sen haber alternativas, “o tráfico nesta travesía, a única recta nunha estrada lenta e con curvas, segue sendo moi perigoso especialmente pola gran afluencia de visitantes, infancia e persoas maiores que se dan cita na praza especialmente na tempada turística.”

“En 2022 o concello propuxo a creación dun parque infantil nesta mesma praza, sen contemplar a necesidade do calmado do tráfico.” A veciñanza considera que a conflitividade entre peóns e vehículos é recurrente e pregúntanse se serán necesarias vítimas por atropelo para que o concello tome medidas.

Os veciños da aldea de Boazo, no concello da Teixeira, tamén consideran necesaria a regulación do tráfico, polo que mantiveron conversas coa concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Ana Mª Prieto, quen asegurou que, dado que a “estrada é de titularidade municipal, as súas demandas serán atendidas sen dilación.”

ÚLTIMAS

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...