HomeCulturaO teatro será protagonista en Monforte no que queda de ano

O teatro será protagonista en Monforte no que queda de ano

Celebraranse 8 representacións a través dos programas Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta e Buxiganga e Proscenio da Deputación  Provincial.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede Galega de teatros e Auditorios trae a Monforte catro representacións no último trimestre do 2018. O xoves 25 de outubro Talía Teatro porá en escea O servidor de dous amos. O día 11 de novembro, a cita será con Cranios privilexiado ou a crítica da razón perralleira, de Produc. Teatrais Excéntricas e o día 29 o Teatro do Atlántico representará Dúas donas que bailan. A derradeira obra deste programa será La zanja de Titzina Teatre o xoves día 13 de decembro. Tódalas actuacións serán no Edificio Multiusos ás 20:15 horas. A entrada será de 5 euros e de 3 euros para as persoas desempregadas, os estudantes e os nenos.

Dentro do programa Buxiganga haberá dúas representacións: o sábado, 20 de outubro Cumprimento de contratodo grupo Teatreiro e o sábado día 24 de novembro o Grupo de Teatro afeccionado monfortino representará Os intereses creados. As representacións terán lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20.00 horas e a entrada será de balde.

Xa no mes de decembro, a través do programa Proscenio, Teatro Marionetas Trécola, representará O agasallo de Anya o día 26 de decembro e o 29 de decembro, Fran Rei porá en escea A historia de Brancaflor de Fran Rei. Estas actuacións, dirixidas a un público familiar, volverán a ter como escenario o Edificio Multiusos, neste caso ás 18.00 da tarde e con entrada de balde.

ÚLTIMAS

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...