HomesociedadeAvanzan os traballos para ensanchar a estrada LU-651 entre Ferrería Vella e...

Avanzan os traballos para ensanchar a estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane en Folgoso do Courel

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha das obras, que agora céntranse nas actividades de desmonte e aterraplenado necesarias para implantar a plataforma prevista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza na execución dos traballos que permitirán o ensanche e mellora da estrada autonómica LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane, no municipio de Folgoso do Courel, nas que inviste 3,4 millóns de euros.

Esta intervención permitirá o ensanchamento deste treito de 3,5 quilómetros da estrada para dotalo de dous carrís de tres metros e beiravías de 50 centímetros. Tamén se executarán cunetas transitables, de 90 centímetros de ancho, que mellorarán a seguridade.

A intervención incluirá a rectificación de varias curvas; a ampliación de dous pontóns; a mellora da drenaxe da propia plataforma e a drenaxe lonxitudinal e transversal; a construción de dous muros de sostemento de terras e a mellora do firme e a sustitución da sinalización en todo o treito.

Tamén está previsto habilitar un aparcadoiro para autobuses en Seoane, ao carón da parcela onde están actualmente os servizos de Protección Civil, co fin de facilitar a chegada de turistas e visitantes. Pola súa banda, no lugar de Ferrería Vella renovarase a marquesiña á saída do núcleo e pavimentarase a travesía. As obras comezaron a finais de setembro e o prazo de execución previsto é de 12 meses.

Arias tamén comprobou as obras de emerxencia que se executan en catro puntos da estrada autonómica LU-651 ao seu paso polo concello de Folgoso do Courel para estabilizar noiros e muros danados polos últimos temporais. O orzamento ascende a 230.000 euros. As intervencións desenvólvense no tramo entre Folgoso e Seoane.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...