HomesociedadeEn marcha as XV Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra...

En marcha as XV Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra Estase Cocendo

A cita gastronómica, que organiza a Asociación Provincial de Hostalaría de Lugo (APEHL) coa que colabora a institución provincial, presentouse no Centro do Viño de Monforte. O Estase cocendo desenvólvese deste este sábado ao 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os establecementos hostaleiros que pertencen á APEHL dos 10 concellos do sur da provincia de Lugo participarán na nova edición de Estase Cocendo, ofrecendo tapas especiais e menús de cocido. O programa complétase con diferentes actividades e noites de festa en diferentes pubs e o sorteo dun lote de produtos de porco da Asociación Prodeme ao que optarán os consumidores.

Na presentación, acompañaron a Pablo Rivera o Presidente da APEHL, Cheché Real; a primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada; e a actriz e comadre desta edición, Benedicta Sánchez, entre outras autoridades.

O Deputado enmarcou a colaboración da institución provincial coa APEHL na aposta “transversal” da Deputación pola promoción da hostalaría e do turismo nos 67 concellos. Destacou Pablo Rivera que a hostalaría da provincia “encaixa á perfección con esa demanda” porque ademais de ofrecer “o mellor servizo, mima o produto, faino con calidade e coida a elaboración” e que se trata dun sector “que supón un acicate en si mesmo para atraer a novos visitantes”.

Puxo en valor a responsable provincial ao produto estrela destas xornadas, o cocido, “un prato estrela da nosa mesa, que representa tamén un estilo de vida” porque “fala de integración, de saber recibir e acoller a quen chega de fóra”.

Rivera Capón deulle os parabéns aos organizadores, “capaces de valerse dun embaixador perfecto da nosa gastronomía, para poñer en valor o mellor de nós, a nosa cultura, as nosas costumes e a nosa esencia”. E rematou a súa intervención convidando á xente a participar destas xornadas e destacando á comadre da edición, Benedicta Sánchez “unha representante moi acaída para esta iniciativa porque ela sempre consigue facernos reflexionar arredor da importancia das cousas sinxelas da vida”, explicando que aínda que comer é algo que facemos a diario “transfórmase nalgo especial e único cando nos paramos a valoralo, como facemos hoxe”.

Ademais dos restaurantes, bares e cafeterías dos concellos de Monforte, Chantada, Bóveda, Pantón, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel e Portomarín, súmanse tamén a esta iniciativa establecementos hoteleiros (casas rurais, hoteis e pensións), que ofrecerán descontos especiais nas estadías durante este mes.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...