HomesociedadeNa primavera comeza a construción do proxecto de Kerm Pharma en Monforte...

Na primavera comeza a construción do proxecto de Kerm Pharma en Monforte que creará nos inicios 50 empregos

José Luis Diaz-VarelaSomoza, Presidente de Kerm Pharma visitou recentemente Monforte xunto coa súa familia e tivo varios encontros co Alcalde, José Tomé, que o convidou a visitar os monumentos da cidade e algunha adega da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro abordouse o cronograma das obras para implantar a fábrica de medicamentos de Kerm Pharma na súa primeira fase e empezar xa coas actuacións que se levarán a cabo. Kerm Pharma solicitou a licenza de obra de forma telemática o pasado día 28 de febreiro ás 16:07 horas da tarde. Con data 3 de marzo, ás 11:24 horas tamén solicitou permiso por rexistro electrónico á Deputación Provincial de Lugo, dado que a futura fábrica de medicamentos linda coa estrada provincial de Monforte a Sober por Neiras, que é a via principal do Polígono e debe de contar con informe favorable preceptivo da Deputación. 

Este proxecto tanto na Deputación como no Concello vai ter a consideración de proxecto prioritario o que lle permitirá ó Concello de Monforte concederlle a licenza dentro do presente mes de marzo en Xunta de Goberno.

O comezo das actuacións será durante a presente primavera das que dará boa conta D. Raúl Díaz-Varela, Vicepresidente executivo do grupo Indukern e Presidente de Kerm Pharma, no transcurso dunha visita a Monforte que se producirá en breve, posiblemente a finais de marzo ou principios de abril.

O proxecto de Kerm Pharma está concibido para fabricar en catro áreas produtivas de medicamentos diferentes cando o proxecto estea completo, cun investimento de máis de 60.000.000 € e arredor de 100 postos de traballo. Nesta primeira fase a licenza foi solicitada para un investimento de 31.193.572€ e unha creación de entorno aos 50 empregos. A implantación de Kerm Pharma en Monforte, laboratorio líder na produción de medicamentos, supón un impulso económico e social para a cidade.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...