HomesociedadeOs homes potagonizarán a nova exposición do Concello de Sober sobre igualdade

Os homes potagonizarán a nova exposición do Concello de Sober sobre igualdade

Despois de Inmarcesibles o concello de Sober leva a cabo un novo proxecto de Igualdade no que os homes son os protagonistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na orixe da idea está o contexto da necesidade de que os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, “que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo. Estes mandatos non lles deixan espazo para realizarse a eles mesmos, pois indícanlles como teñen que ser e como han de actuar, cadeas inxustas que os envolven limitando a súa existencia, dificultándolles, tamén, ter relacións xustas e igualitarias coas mulleres,” sinalan desde o concello.

Así o concello de Sober aposta pola necesidade de deconstrución do modelo de masculinidade dominante, e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos máis libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como “normal”.

Cunha exposición fotográfica queten executar unha autocrítica cara esta masculinidade, “Solicitamos, pois, a participación daqueles homes que, de forma voluntaria, desexen amosarse rompendo coas restricións, sendo e actuando libremente. Destruamos as cadeas que nos cohiben e nos limitan a favor dun cambio social necesario.”

Para máis información e/ou participar, poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 628055236 ou por medio das redes sociais do Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...