HomesociedadeConvenio para unha nova depuradora no P.I. do Reboredo, un investimento de...

Convenio para unha nova depuradora no P.I. do Reboredo, un investimento de 4,5M€ para “cubrir necesidades actuais e futuras”

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga asinaron este luns o convenio que fará posible a construción da nova depuradora do Polígono Industrial do Reboredo cun investimento de máis de 4 millóns e medio de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello aseguran que estudos feitos sobre o funcionamento da EDAR actual do polígono mostran que non é capaz de someter a un tratamento adecuado as augas residuais xeradas polas diferentes industrias. Paralelamente o equipo de goberno traballa na ampliación do polígono industrial, ocupado ao 100% e con empresas interesadas en instalarse en canto teñan posibilidade. Todas estas circunstancias puxeron de relieve a necesidade de dotar ao parque empresarial dun novo sistema de saneamento e depuración que sexa capaz de tratar de forma adecuada as augas residuais.

José Tomé sinalou que “vai supoñer un antes e un despois para o futuro crecemento desta zona industrial de Monforte. Trátase dun investimento que permitirá que o Polígono evolucione industrialmente e, como consecuencia, que haxa tamén un crecemento da actividade económica e de creación de postos de traballo, por tratarse dun servizo básico para que o Polígono funcione con normalidade”.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aportará un 85% do investimento, case 4 millóns de euros, distribuídos en 3 anualidades: 2023: 490.485,15 €, 2024: 1.793.500,00 €, 2025: 1.626.014,85 €. E o concello aportará a parcela onde se ubicará a nova depuradora, máis o 15% do investimento restante, que queda repartido nas seguintes anualidades: 2023: 86.556,20 €, 2024: 316.500,00 €, 2025 : 286.943,80 €.

A parcela na que se situará esta infraestrutura conta cunha extensión de 5.000 m2, tivo un custe de adquisición de 117.975,00 € (a 19,50 €/ m2 + IVE), e foi comprada a Suelo Empresarial del Atlántico coa previsión de cedela para construír a nova depuradora. Ascendendo a aportación municipal a un total 807.975,00 €.

José Antonio Quiroga explicou que a nova depuradora vaia cubrir as necesidades actuais e futuras cuns parámetros de verteduras adecuados á calidade das augas, “Está previsto que trate 1.000 metros cúbicos diarios de residuos ademais de estar preparada para tratar residuos específicos como poden ser os lácteos. Contarase cun colector de 1,5 km para levar as vertedura ao río Cabe quedando libre o río Carballal e dúas liñas de decantación secundaria e de reactores biolóxicos quedando espazo para unha terceira para cubrir o plantexamento de ocupación industrial do futuro sen ningún problema.”

Unha vez rematadas as obras, serán recibidas polo concello que se encargará do seu mantemento no futuro. O alcalde rematou salientando que “con investimentos deste tipo, o Polígono de O Reboredo, ten por diante un futuro esperanzador, que se reflexa na fase de crecemento que estamos a vivir tal e como demostra a próxima implantación de Karm Pharma ou a continua solicitude de información de empresarios interesados en instalarse no parque empresarial, polo que é necesario darlles os servizos idóneos que proporciones o aumento de tecido empresarial”.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...