HomesociedadeSarria coa compostaxe comunitaria

Sarria coa compostaxe comunitaria

O goberno local de Sarria activará en datas próximas unha zona de compostaxe comunitaria na confluencia da rúa Curros Enríquez co Chanto e convida á veciñanza da contorna a involucrarse no tratamento separado dos biorresiduos para obter compost.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa piloto, cofinanciada polo Concello de Sarria cunha achega da Xunta de Galicia, suporá un investimento de 33.000 euros e ten como finalidade avanzar na recollida separada dos biorresiduos de aproximadamente unha trintena de fogares para destinalos ao tratamento biolóxico nos composteiros comunitarios que xa foron instalados na rúa Curros Enríquez.

Pedro López, concelleiro de sostibilidade salienta que o próximo paso antes de activar o funcionamento dos composteiros é que arredor dunha trintena de veciños/as desa área trasladen ao concello a súa intención de participar no proxecto, ben chamando ao teléfono 982 53 50 50 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo concellodesarria@sarria.gal. Unha vez seleccionados os participantes, o Concello programará un curso formativo para explicarlles o sistema de funcionamento deste sistema de compostaxe comunitaria.

Os principais requisitos para inscribirse serían comprometerse a separar no fogar os restos orgánicos, a trasladalos á área de compostaxe comunitaria e a depositalos no módulo correspondente, engadindo a proporción axeitada do material estruturante. Con posterioridade, transcorridos arredor de seis meses, cada veciño poderá solicitar o compost ao concello ou cedelo para utilizalo no mantemento dos xardíns
municipais.

O concelleiro de Sostibilidade Medioambiental sinala que os estudos rebelan que cada persoa adulta xera aproximadamente 1,1 quilogramos de residuos ao día, dos que entre o 40 e o 50% son biorresiduos que poden reciclarse para obter compost, un abono natural e de calidade con excelentes propiedades para o solo. Polo tanto, a compostaxe aporta un grande valor ambiental porque reduce o volume xeral dos residuos mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe, elimina ou minimiza o excesivo uso de fertilizantes químicos e rebaixa a frecuencia de baleirado dos contedores por parte dos servizos municipais. Ademais, no caso do rural, tamén diminuiría o número de desprazamentos que a veciñanza das parroquias debe realizar aos contedores, que polo xeral están distanciados dalgunhas vivendas.

Que residuos se poden compostar?

Por unha parte estarían os procedentes da cociña: restos de froitas e verduras, iogures, zumes, pousos de café e restos de infusións (sen grampas), ósos de froitas, cascas de ovos, cascas de froitos secos, pan, pasta, panos e papel da cociña, cinzas e serrín de madeira non tratada, pelo, uñas, la e fío natural, tapóns de cortiza, restos de ceras e derivados, e restos de carne e peixe (aínda que os ósos e as espiñas tardan en descomponerse).

Por outra banda, estarían os procedentes do xardín e a horta: restos de poda, follas, flores, palla, céspede, material de xardín sen pesticidas nin fitosanitarios, esterco de animais de granxa ou curral, etc.

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...